Ante a situación excepcional provocada pola crise sanitaria da COVID-19 e a declaración do estado de alarma, as entidades que conformamos o FORO POLA ECONOMÍA SOCIAL GALEGA, e nun sentido máis amplo as entidades de economía social, observamos que as medidas adoptadas están a ter e terán un gran impacto económico no noso sector, xa de seu, moito máis feble en canto á súa situación económica-financeira. Así a prioridade no futuro inmediato é garantir a sustentabilidade e viabilidade das nosas entidades e, consecuentemente, o mantemento do emprego das/os nosas/os traballadoras/es.
Con estas premisas, un dos obxectivos que tiñamos dende o FORO era eliminar os obstáculos para que as diferentes empresas de economía social poidan acceder ás convocatorias ordinarias para PEMES e así o expuxemos ante da Consellería Consellería de Economía, Emprego e Industria.
O venres día 19, ás 11h, celébrase un webinar onde nos exporán as medidas que se están a levar a cabo dende a Xunta de Galicia e concretamente, as Axudas e subvencións destinadas á reactivación das entidades de economía social que sairán publicadas no DOG desta semana.